Dedicatoria:

Dedicado aos nenos e nenas do Colexio Público de Ponte Carreira (Frades) e aos da Escola do Vedral-Abellá, inspiradores e primeiros experimentadores de Chirlo Merlo. E a cantos nenos e nenas colaboredes con ilusión a dar nova vida a estas historias.

26/07/07

Volve Chirlo Merlo!


Hai xa algún tempo que perderamos de vista a Chirlo Merlo. Cada ano andabamos á percura dos seus niños e tentabamos albiscar no aire o seu voo, mais era inútil. Seguramente emigrara na procura de mellores climas.

Non sabemos se nese seu percorrido planetario atopou mellores lares onde morar. Pero si sabemos que este ano voltou. E voltou acompañado. E puxo novos ovos. E chocounos.

E, igual que aconteceu na Historia da pita que elixiu a nosa escola pra poñer, os resultados foron prodixiosos.

E ti, acaso non o sabías?
Volve Chirlo Merlo!

Ningún comentario: