Dedicatoria:

Dedicado aos nenos e nenas do Colexio Público de Ponte Carreira (Frades) e aos da Escola do Vedral-Abellá, inspiradores e primeiros experimentadores de Chirlo Merlo. E a cantos nenos e nenas colaboredes con ilusión a dar nova vida a estas historias.

29/12/09

Chirlo Merlo: libro de contos Pim

Visualiza aquí o primeiro libro de contos para traballar en Educación Infantil a lectura con pictogramas e a aproximación á lectura alfabética. Podes consultar as indicacións para traballar co alumnado na Guía Didáctica de Educación Infantil.


20/12/09

Música: canción-conto do Mouchiño


Canción-conto na que se narra a historia de presentación da letra "u": na árbore na que foi bater o burro Trotón hai un niño de moucho onde vive unha familia. O mouchiño estaba descansando, cando sentíu un trompazo na árbore...
Escóitao aquí:

[Podes ver a ilustración deste conto no Libro de Contos 1 e ler a motivación do conto na Guía Didáctica]

14/12/09

Celebra o Nadal co noso Pandigueiro


As diferentes culturas adoitan ter un home sabio pola idade que lles axuda aos nenos a pasar o inverno. A cultura galega ten o Pandigueiro ou Apalpador, que durante os anos de esquecemento sobreviviu nos montes do Courel e o Cebreiro e agora volve facer compañía aos nenos e ás nenas na noite de Nadal.
O xornal electrónico Vieiros ponnos ao día sobre este personaxe tradicional na súa sección Vieiros na Escola.
Claro, que este noso Apalpador ten web propia, onde poderás facerte amigo do club dos "apañacastañas".
Por certo, hai agora case un ano, o Apalpador paseaba polas rúas de Compostela:

11/12/09

Música: canción-conto do susto de Marica e Manoliño



Esta é a canción-conto do susto de Marica e Manoliño, que actúa como motivación musical para a presentación da letra "o". Marica e Manoliño saen á ventá cando oen o topetazo do burro Trotón contra o castiñeiro:


[Podes ver a ilustración deste conto no Libro de Contos 1 e ler a motivación do conto na Guía Didáctica]

09/12/09

Parte prealfabética: Guía Didáctica

Visualiza aquí a Guía Didáctica para traballar na aula co material correspondente á parte prealfabética de Chirlo Merlo:

07/12/09

Como aproveitar caixas de mistos

Os libros de fichas de Chirlo Merlo proporcionan letras troqueladas para o traballo na aula. Este material pode ser utilizado de múltiples formas.

05/12/09

Música: canción-conto do burro Trotón


Queremos que escoitedes a canción-conto do burro Trotón, que é a que acompaña o conto que motiva aos nenos na aprendizaxe da letra "a". Sabedes que o burro Trotón é o personaxe dun famoso poema de Manuel María. O que máis lle gusta é correr. Teima en ser o que máis corre, e entrena para ser máis rápido que o vento.


[Podes ver a ilustración deste conto no Libro de Contos 1 e ler a motivación do conto na Guía Didáctica]

02/12/09

Que gusto dá ter fans!

A biblioteca escolar do CEIP Eladia Mariño, de Cabanas, ten un blog de animación á lectura moi chulo.Nel escribe Libroucho.                             Como podedes ver no retrato que reproducimos á esquerda, Libroucho é unha ave concentrada no afán de saber, de nutrir as súas neuronas. E para iso precisa ler. Para ler ben, primeiro hai que aprender. E por iso Libroucho debe ser un fan de Chirlo Merlo (entre aves anda o asunto, que sabedes son seres que habitan os ceos e en consecuencia son portadoras de sabiduría e espiritualidade) porque Chirlo Merlo abre os camiños para facer lectores. Así que o pasado 21 de outubro, Libroucho publicou unha entrada no seu blog que nos deixou realmente emocionados. Graciñas, Libroucho!

28/11/09

Chirlo Merlo: Caderno de Grafomotricidade

Podes visualizar aquí o Caderno de Grafomotricidade, para o traballo do cal existen indicacións moi claras na Guía Didáctica:

26/11/09

Chirlo Merlo na historia de Ir Indo

Paseando pola Rede, así como quen non quere a cousa, atopamos na web da Editorial Ir Indo unha pequena historia desta empresa editora. E nun apartado desta pequena historia, titulado Crecendo cos nenos, hai a seguinte referencia:
"(...) Comeza a traballar tamén en libros de texto. Créase entón o método de lecto-escritura "Chirlo Merlo", que se compón de libros de lectura, fichas prácticas, cadernos de grafomotricidade, cadernos de pautas..., e que será moi empregado polos mestres a nivel de toda Galicia."
Ai! Se souberades cantas grandes historias quedan agochadas dentro deste pequeno parágrafo nesta pequena historia!

07/11/09

Parte alfabética: Libro de Fichas 1

Visualiza o Libro de Fichas 1, que contén as láminas de traballo correspondentes ao Libro de Contos 1 da parte alfabética. Podes consultar as orientacións de traballo na Guía Didáctica.

Parte alfabética: Guía Didáctica

Visualiza aquí a Guía Didáctica para traballar na aula co material correspondente á parte alfabética de Chirlo Merlo: