Dedicatoria:

Dedicado aos nenos e nenas do Colexio Público de Ponte Carreira (Frades) e aos da Escola do Vedral-Abellá, inspiradores e primeiros experimentadores de Chirlo Merlo. E a cantos nenos e nenas colaboredes con ilusión a dar nova vida a estas historias.

19/01/10

Canción-conto do ratiño


Canción-conto de presentación da letra "i": ao pé da árbore na que o moucho tiña o seu lar, moraba tamén o ratiño. O rato saíu da árbore para dar un paseo pola eira, e nese momento bateu o burro Trotón co tronco, unha pola podre esgazou e foi caer xusto riba do seu rabo...


[Podes ver a ilustración deste conto no Libro de Contos 1
e ler a motivación do conto na Guía Didáctica]

06/01/10

Un agasallo de Reis

Día seis,
Día de Reis.

Uf! Canto traballo tiven este ano como carteiro! Cantos nenos e cantas nenas hai no mundo! E todos enviando cartas de petición de agasallos por estas datas! Uf!
E para as profesoras e profesores, que? Alguén se lembra deles un pouquiño?
Eu si, e por esta razón preparei para eles este agasallo: un conxunto de láminas con sílabas debuxadas, para que poidesen xogar cos nenos e nenas a recortalas e a compoñer palabras e pequenas frases. Este xogo de láminas estivo dispoñible aquí ao longo do mes de xaneiro, para poder ser baixado directamente á túa computadora. E durante o mes de febreiro aínda se puido visualizar e imprimir.  Mais agora ficou albergado noutro lugar da rede que contén a maiores outros recursos que che poden interesar. Se che pica a curiosidade ou queres imprimir as láminas, pica aquí.
E se xa baixaches as láminas ou xa as imprimiches, tócache agardar ao próximo día de Reis, na espera dun novo agasallo.
E el que poderá ser?

Chirlo Merlo: libro de contos Tris

Invitámoste a visualizar o primeiro libro de contos para traballar en Educación Infantil a lectura da imaxe e a aproximación á lectura de signos gráficos. Podes consultar as indicacións para traballar co alumnado na Guía Didáctica de Educación Infantil.