Dedicatoria:

Dedicado aos nenos e nenas do Colexio Público de Ponte Carreira (Frades) e aos da Escola do Vedral-Abellá, inspiradores e primeiros experimentadores de Chirlo Merlo. E a cantos nenos e nenas colaboredes con ilusión a dar nova vida a estas historias.

27/09/10

Motivación tamén para o profesorado

Comeza o curso novamente.
Créanse espectativas entre os nenos e nenas: que profesor lles tocará? Cambiarán os seus compañeiros de aula? Será difícil o que hai que aprender este curso?...
Entre os profesores e profesoras tamén ocorre algo parecido: que nivel terei que impartir? Cambiarán os escolinos do meu grupo con respecto ao ano anterior? Como integrarei na clase esa alumna nova? Serviranme os mesmos materiais didácticos ou terei que renovalos? Que cursiños me convirá facer para estar ao día?...
A Administración, pola súa parte, tamén introduce novidades que afectan a todo o conxunto. E entre esas novidades cóntase, nos tempos que corren, a introdución de ordenadores, pizarras dixitais e outros recursos electrónicos... nos que se realizan grandes inversións e nos que se deposita unha confianza que se basea na súa suposta eficacia e no seu atractivo como fonte de motivación.
E o profesorado? Quen motiva ao profesorado...?
Nós decidimos poñer algo da nosa parte:



Feliz comezo de curso!

Ningún comentario: