08 decembro 2010

Un agasallo de Chirlo Merlo Pandigueiro: o caderno de sílabas directas troqueladas en letra de imprenta, correspondentes ao Libro de Contos 1

Sabedes o que? Este ano decidín non agardar a Reis.
Así que aquí me tendes, vestido de Pandigueiro e distribuíndo os cartóns de felicitación aos nenos e nenas de todo o mundo con máis antelación ca o ano pasado. Ah, e para encher as barriguiñas deixo carbón doce, que non emite CO2!
Claro que, ás profesoras e profesores tamén lles hai que deixar algo de agasallo... E pensando, pensando... pensei que lles gostaría ter un novo xogo de sílabas recortables, pero con letra de imprenta e marcando o corpo principal co camiño verde da Pauta Montessori.

Así pensado, así feito! Xa podedes xogar a construír palabras!
Se queredes acceder a el, picade na cuberta:


Que vos sexa útil e... Bo Nadal!

 

Ningún comentario: