07 xaneiro 2011

Marga Alborés: "Aprender a escribir ten que ser un proceso tan natural coma falar"

"Tras trinta anos aprendendo os nenos a ler e escribir, Marga Alborés sintetizou nun conto todos os conceptos, actitudes e destrezas que a aprendizaxe da escrita require. Historia das letras é un método para usar tanto no ámbito escolar como familiar". Así comeza unha entrevista a Marga Alborés, profesora no CEIP Pío XII de Santiago de Compostela, publicada no xornal Galicia Hoxe.
A experiencia de elaborar materiais propios para aprender a ler e a escribir aos escolinos en galego é un aspecto común a unha chea de profesionais. Non é de extrañar, dada a rareza no mercado de métodos deseñados con esta finalidade específica desde o noso País. Tamén é verdade que na maior parte dos casos estes materiais creados son utilizados só polo/a docente que os elabora ou, como moito, son compartidos polo seu equipo de compañeiras/os.
Desde Chirlo Merlo coidamos que cómpre fomentar o intercambio de ideas, de experiencias, de recursos... Crear unha comunidade de intereses comúns e aproveitar as sinerxias que espontaneamente aparezan. Isto é o que nos move a contribuír á divulgación desta entrevista a Marga Alborés, á parte de que coincidamos de cheo co que ela expón nas súas atinadas respostas.
Para ler a entrevista completa, pica aquí.

Ningún comentario: