Dedicatoria:

Dedicado aos nenos e nenas do Colexio Público de Ponte Carreira (Frades) e aos da Escola do Vedral-Abellá, inspiradores e primeiros experimentadores de Chirlo Merlo. E a cantos nenos e nenas colaboredes con ilusión a dar nova vida a estas historias.

17/02/11

Batería de avaliación de competencia na linguaxe

De esquerda a dereita: Paula Outón,
Lois Ferradas e Andrés Suárez
Foto Alfonso  
 Cando os escolinos comezan a ler, aprenden a ritmos moi diferentes. En idades temperás, as diferenzas madurativas dos nenos e nenas dun mesmo grupo poden ser grandes. A isto súmase que pode haber tamén diferenzas de case un ano entre os alumnos e alumnas dunha mesma clase. As profesoras e profesores soen resumir estas e outras circunstancias cunha frase parecida a: "as nenas e os nenos aprenden cada un ao seu ritmo".
Poderíase determinar un "estándar" na aprendizaxe da lingua escrita? Sería posible detectar os retrasos na aprendizaxe da lectura e da escritura en escolinos de primeiro de primaria utilizando un instrumento de observación obxectivo?
Este polo menos é o intento dun grupo de investigación da USC dirixido polo profesor Andrés Suárez Yáñez. O traballo realizado por este equipo foi presentado con detalle o pasado día 16 de febreiro na Facultade de Pedagoxía e foi publicada unha recensión no Xornal da USC. Consiste nun conxunto de ferramentas que permitirían avaliar e detectar as competencias lingüísticas dos escolares que finalizan primeiro de Educación Primaria.
É un proxecto que aporta material novidoso, elaborado con rigor e detalle, e feito desde o noso país. Agardamos poder velo publicado, coa esperanza de que tamén sexa de utilidade para os que somos profesorado "de a pé".
__________
Máis información na pequena reportaxe que tamén fixo o xornal Galicia Hoxe.

01/02/11

Canción-conto de presentación da letra "n": Nomo e os ananos

No bosque de Chirlo Merlo viven uns ananos moi animados. Nomo é o máis vello. É un gran músico, el é o que dirixe a banda dos ananos.
Todos os días ao amencer, fan unha marcha para espertar os habitantes do bosque...

Compositor: Fernando Férnández Picos