Dedicatoria:

Dedicado aos nenos e nenas do Colexio Público de Ponte Carreira (Frades) e aos da Escola do Vedral-Abellá, inspiradores e primeiros experimentadores de Chirlo Merlo. E a cantos nenos e nenas colaboredes con ilusión a dar nova vida a estas historias.

27/03/11

Cadernos de pauta ancha

Calquera escolino precisa adestrar paulatinamente a motricidade fina das mans para chegar a escribir correctamente cunha caligrafía xeitosa.
Chirlo Merlo tén en conta o debuxo espontáneo dos/as nenos/as, realiza un traballo máis sistematizado co Caderno de Grafomotricidade e as fichas de escritura e ofrece finalmente cadernos pautados, baseados tamén na pauta Montessori.
Os primeiros cadernos posúen pautas anchas. Son útiles para o adestramento da escritura e do grafismo en alumnado que está finalizando a Educación Infantil, que estuda no primeiro ciclo de Educación Primaria ou que precisa apoio: a pauta Montessori ancha proporciona referencias claras para a letra manuscrita e, ao posibilitar escribir con trazos máis grandes do habitual, facilita o camiño na maduración da motricidade fina.
Ah! E poden ser utilizados con calquera método de lectoescritura...!
Alguén dá máis?

03/03/11

As primeiras mestras

No século XVIII, a penas o 1% da poboación feminina sabía ler e escribir. A educación era un privilexio ao alcance de moi poucos homes e practicamente vetada á muller. Os nenos ricos tiñan un titor e as nenas unha institutriz que as adestraba para o seu futuro papel de esposas e nais... Pero a finais do século XVIII un pequeno grupo de ilustradas ferrolanas...
[Ler o artigo completo en El País]