Dedicado aos nenos e nenas do Colexio Público de Ponte Carreira (Frades) e aos da Escola do Vedral-Abellá, inspiradores e primeiros experimentadores de Chirlo Merlo.E a cantos nenos e nenas colaboredes con ilusión a dar nova vida a estas historias.
Susi é unha pallasa que fai circo cos seus amigos: o oso, a osa, a raposa e o sapo. Cando lles fai este sinal:
-Sssssss...
Todos saltan ao son do seu tambor.
Susana axúdalle a Susi. Ela tamén quere ensinarlle á súa cadeliña, a Pitusa, unhas cantas onadas para levala a facer circo...
...Non podedes preparar aos vosos alumnos para que constrúan mañá o mundo dos seus soños, se vós xa non credes neses soños;non podedes preparalos para a vida, se non credes nela;non poderedes mostrar o camiño, se vos sentástedes, cansados e sen alento, no cruce dos camiños.
Celestin Freinet
Só se os nenos poden vivir hoxe plenamente como tales, poderán ser mañá persoas adultas na plenitude do seu potencial.
Materiais impresos de Chirlo Merlo para Educación Infantil:
Parte I. Lectura da Imaxe. Libros de Contos: Tris, Tras e TresCaderno de FichasCaderno de NúmerosParte II. Pictogramas e aproximación á lectura alfabética.Libros de Contos: Pim, Pam e PumCaderno de FichasCaderno de NúmerosCaderno de GrafomotricidadeMaterial para o/a docente.Guía Didáctica para as dúas partes
Materiais impresos de Chirlo Merlo para Educación Infantil e Educación Primaria:
Xerador de pautas Montessori: aínda que non é o tipo de pauta Montessori que utilizamos en Chirlo Merlo, pode ser útil para xerar e imprimir fichas que podemos despois utilizar na aula co noso alumnado. Trátase dun dos recursos que ofrece a web Material Curricular Libre. Pro-postas: blog persoal de Benxa que contén múltiples recursos sobre as TIC no ensino. AS-PG: web da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, que contén unha sección con recursos para uso do profesorado. Nova Escola Galega: web de Nova Escola Galega. CIG-Ensino: sección de recursos didácticos da web da Confederación Intersindical Galega. STEG: sección de recursos didácticos da web do Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia. Orella pendella: ditos, recitados e cancións infantís.
Teño fame...
Autores:
Alicia López Pardo Miguel Rodríguez Carnota Xoán Manuel Andrade Vidal
Asesores:
Andrés Suárez Yáñez,profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela, estudoso da didáctica da lingua e da lectura.
Josua Mijares Cibrián,profesora de Educación Especial no País Valenciá, titulada en Pedagoxía Terapéutica, especialista en Musicoterapia, Psicomotricista.
Colaboradores:
Música:Fernando Fernández Picos. Mestre e músico.
Cor:Lola Ferreiro Díaz. Profesora de Ensino Secundario.
0 comentarios:
Enviar um comentário