Dedicatoria:

Dedicado aos nenos e nenas do Colexio Público de Ponte Carreira (Frades) e aos da Escola do Vedral-Abellá, inspiradores e primeiros experimentadores de Chirlo Merlo. E a cantos nenos e nenas colaboredes con ilusión a dar nova vida a estas historias.

09/12/11

N' A Capela, os nenos xogan máis coas canicas ca cos Gormitis

Hai escolinos que xa se licenciaron en facer virar a peonza en todo tipo de superficies, dominan o futbolín, arrasan nos bolos e xogan á chave coa habelencia dun xubilado. O patio do recreo do CEIP
Mosteiro de Caaveiro é un mosaico no que as diferentes cores marcadas con xiz dan forma a un xigantesco taboleiro ao ar libre repartido en tres zonas nas que se pode xogar a 25 disciplinas tradicionais diferentes. Cando chove, os alumnos xogan a cuberto no pavillón e alí escollen entre o futbolín, as carrilanas ou unha bolera manual que resgataron dun bar que se desfacía dela e pensaba tirala.
O aro, a billarda, as bolas, os bolos, botar a china, as carreiras de sacos, as catro esquinas, as chapas, a chave, o peón, o pano, a corda, a goma, o cravo, as lombas, a mariola, os pelouros, os pes, a pita cega, a porca, a ra, tiro da corda, tres en raia, os zancos, a zorregada e o brilé son os 25 xogos infantís que o colexio capelán reuniu nunha guía que explica as regras que os seus 97 alumnos de 3 a 12 anos coñecen ben e apréndenlles aos recén chegados.
Ler a reportaxe completa en El País.

Lendo o texto anterior, entran gañas de voar ata o máis alto do ceo e facer cabriolas de contento. Por iso difundimos esta pequena reportaxe, publicada no diario El País: hai formas de vivir a infancia que parecen perdidas ata que alguén lles presta a suficiente atención e os suficientes coidados...
Ah...! E convidámosvos a visitar un lugar chamado Brinquedia!
 

Ningún comentario: