23 decembro 2011

Bo Nadal (que o merecemos ben)!

Instantánea do amencer do 25 de decembro de 2010 tomada por un debuxante afeccionado: o Apalpador é levado para a súa casa polo mesmísimo Chirlo Merlo despois dunha agotadora noite de traballo. Agardemos que este ano a Noite Boa sexa máis levadeira para o coitado Pandigueiro!