Dedicatoria:

Dedicado aos nenos e nenas do Colexio Público de Ponte Carreira (Frades) e aos da Escola do Vedral-Abellá, inspiradores e primeiros experimentadores de Chirlo Merlo. E a cantos nenos e nenas colaboredes con ilusión a dar nova vida a estas historias.

19/06/12

A escola rural e unitaria

A Xunta defende como pode os recortes que agora afectan a escola rural.  O Goberno ten previsto para o vindeiro curso xuntar até 20 alumnos de Primaria de entre 6 e 12 anos  nunha mesma aula. Non ven outra alternativa desde as administracións, mentres que as organizacións sindicais, as anpas ou os colectivos defensores da educación no rural xa advirten do despido de varios centos de profesores e dos futuros peches de escolas. Pero hai moito máis aló do reagrupamento e dos recortes: outro duro golpe a un rural que ten na escola “un elemento básico para a supervivencia dunha comunidade nel, máis aínda con todos os problemas que sofren as aldeas”.
Quen así fala é Alicia López Pardo, mestra rural e membro da Mesa Galega de Educación no Rural e do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega, que vai máis aló dos últimos anuncios da Xunta e repara na precaria situación da educación nas aldeas desde hai ben tempo. “A situación é peor agora que hai trinta anos porque a política educativa para o rural é cada día máis desintegradora”

Ningún comentario: