Dedicatoria:

Dedicado aos nenos e nenas do Colexio Público de Ponte Carreira (Frades) e aos da Escola do Vedral-Abellá, inspiradores e primeiros experimentadores de Chirlo Merlo. E a cantos nenos e nenas colaboredes con ilusión a dar nova vida a estas historias.

18/02/15

Caderno Números 1

Normalmente, cando falamos de "aprender a ler" referímonos á lectura de textos, de frases, de palabras... Mais o conto é que na realidade existen outros símbolos gráficos, como os sinais de tráfico, os anagramas, os logotipos, os pictogramas ou simplemente os números.
No ensino escolar os números quedan englobados na materia de matemáticas e en xeral non se lle dá un tratamento específico á aprendizaxe do trazado das cifras nin se busca unha motivación especial para afianzar o concepto.
Partindo da base de que os números son tamén símbolos para ler e escribir, Chirlo Merlo elaborou dous cadernos para a introdución ao concepto e ao trazado dos números, baseándose na motivación dos contos do libro de lectura.
Aquí ofrecemos o caderno Números 1: