26 xullo 2007

A música axuda a aprender

 

 Chirlo Merlo proporciona unha canción para cada un dos seus contos, que serve de apoio musical e forte motivación de cara á asociación de cada fonema á súa representación escrita.

En cada canción resúmese o contido do conto, obra do músico Fernando Fernández Picos.

Podes escoitar aquí o tema de presentación:

  Non é divertido?

 

Volve Chirlo Merlo!


Hai xa algún tempo que perderamos de vista a Chirlo Merlo. Cada ano andabamos á percura dos seus niños e tentabamos albiscar no aire o seu voo, mais era inútil. Seguramente emigrara na procura de mellores climas.

Non sabemos se nese seu percorrido planetario atopou mellores lares onde morar. Pero si sabemos que este ano voltou. E voltou acompañado. E puxo novos ovos. E chocounos.

E, igual que aconteceu na Historia da pita que elixiu a nosa escola pra poñer, os resultados foron prodixiosos.

E ti, acaso non o sabías?
Volve Chirlo Merlo!