16 maio 2021

Nas noites de lúa chea... hai aventuras na aldea.

Durante o día, hai moita actividade en Chirlo Merlo: uns traballan, outros enredan, outros cantan... Mais cando chega a noite, o que hai é moito sono. Tod@s acaban cansos cos quefaceres do día.

Agora que, de cando en vez, algún esperta por mor dun ronquido. E cando isto pasa, algunha trasnada pode suceder. Esta noite tocoulle ao burriño trotón, que espertou cos terribles ronquidos do hipopótamo...

Compositor: Fernando Fernández Picos

15 maio 2021

Canción "Nas noites de lúa chea..."


Chirlo Merlo e a súa merla, ademais de visitar as escolas, percorren outros lugares. Cargados de cartas, e canta que te canta, voan cara aos/ás seus amig@s, que esperan emocionados as novas noticias.
Nada máis albiscalos, o burro Trotón ponse a ornear para anunciar a tod@s a chegada do carteiro e aló se vai a trote. Os/as amig@s non queren quedar atrás.
Mentres, Marica, Manoliño e Lola  argallan coa axuda do hipopótamo as lerias e debuxos para as cartas que lle queren enviar aos/ás nen@s das escolas. E tan contentos están polas novidades e alegrías que portan consigo os chirlos, que tamén deciden inventar unha copla e cantárllela cando cheguen. Mais... será capaz o burro trotón de gardar o segredo?

Compositor: Fernando Fernández Picos

01 maio 2021

Canción "Chirlo Merlo vai voar"

A Chirla Merla púxose a chocar o oviño que puxo, mentres entre os dous facían plans para os seus fillos. Ás veces chocaba ela e ás veces chocaba el, porque os nosos chirlos facían todo en común: -Escoita, Chirlo Merlo -díxo un día a Merla-. Como nós somos aventureiros e sempre nos tentou ir coñecer o mar, que che parece se lle aprendemos ao noso fillo a voar sen cansar e imos todos xuntos aló? -Pois paréceme ben. Seica o merliño, acurrucadiño dentro do ovo, púxose moi contento e déronlle máis gañas de saír.

Compositor: Fernando Fernández Picos