30 abril 2021

Canción "Chir, chir, chir..."

Tan feliz está Chirlo Merlo co nacemento do merliño que, cantareiro e animoso como el é, cántalle á merla unha inspirada canción.

Compositor: Fernando Fernández Picos

27 abril 2021

Canción "Merla Merliña"


Chegada a primavera, Chirlo Merlo aparellou cunha compañeira tan leda e chiadora coma el e decidiron facer un niño para criaren os fillos que queren ter. Buscaron un sitio abrigosiño, fermoso e tranquilo que resultou ser un burato debaixo das tellas da casa de Martiño. Martiño era un rapaz amante dos paxaros co que Chirlo Merlo xa tiña grande amizade.
Cando naceu o merliño, Martiño estaba tan encantado que o celebrou compoñendo unha canción.

Compositor: Fernando Fernández Picos

16 abril 2021

Canción-conto do Chirlo Merlo carteiro

Para esta tempada, Chirlo Merlo propúxose un fantástico oficio: anda de carteiro por todas as escolas que teñan interese en facer correspondencia entre elas.
A chegada de Chirlo Merlo a unha escola é un dos máis fabulosos acontecementos que lles pode suceder aos/ás escolinos/as. Cando chega, @s nen@s amontóanse darredor para falar con el e para recoller as cartas. A clase convértese nunha emocionada e feliz algarabía...

Compositor: Fernando Fernández Picos

15 abril 2021

Canción-conto de presentación aos/ás nen@s máis pequenos


Primeira presentación de Chirlo Merlo, un paxaro moi vivo e alegre, con moitísimas amigas e amigos. Tan coñecido é que ao lugar onde vive xa lle chaman tamén Chirlo Merlo.
O que máis lle gusta a Chirlo Merlo é que haxa alegría e unha gran amizade entre todos os nenos e todas as nenas. Para iso, el e máis os habitantes de Chirlo Merlo están dispostos a que falen e se conten cousas, mesmo ensinándolles a usar o debuxo, os pictogramas e a linguaxe escrita.

Compositor: Fernando Fernández Picos