MATERIAL
Fase alfabética


Nesta páxina atoparás unha pequena explicación do material correspondente á fase alfabética e ofrécese tamén a posibilidade de descargalo.


GUÍA DIDÁCTICA
 
Podes descargar, en formato pdf, a Guía Didáctica para traballar na aula co material correspondente á parte alfabética de Chirlo Merlo.
Para descargalo clica sobre a cuberta.
CADERNO DE
GRAFOMOTRICIDADE

 
Podes descargar aquí o Caderno de Grafomotricidade. Para o traballo con el, existen indicacións moi claras na Guía Didáctica.

Para descargalo clica sobre a cuberta.

LIBRO DE CONTOS 1

Podes descargar aquí o Libro de contos 1. Se precisas consultar as orientacións de traballo, accede á Guía Didáctica.

Para descargalo clica sobre a cuberta.
CADERNO DE FICHAS 1
 
Podes descargar aquí o Caderno de Fichas 1, que contén as láminas de traballo corres-pondentes ao Libro de Contos 1 da parte alfabética. Se precisas consultar as orientacións de traballo, accede á Guía Didáctica.
 
Para descargalo clica sobre a cuberta.
LIBRO DE CONTOS 2

Podes descargar aquí o Libro de contos 2. Se precisas consultar as orientacións de traballo, accede á Guía Didáctica.

Para descargalo clica sobre a cuberta.
CADERNO DE FICHAS 2

Podes descargar aquí o Caderno de Fichas 2, que contén as láminas de traballo corres-pondentes ao Libro de Contos 2 da parte alfabética. Se precisas consultar as orientacións de traballo, accede á Guía Didáctica.

Para descargalo clica sobre a cuberta.

LIBRO DE CONTOS 3

Podes descargar aquí o Libro de contos 3. Se precisas consultar as orientacións de traballo, accede á Guía Didáctica.

Para descargalo clica sobre a cuberta.

 CADERNO DE FICHAS 3

Podes descargar aquí o Caderno de Fichas 3, que contén as láminas de traballo corres-pondentes ao Libro de Contos 3 da parte alfabética. Se precisas consultar as orientacións de traballo, accede á Guía Didáctica.

Para descargalo clica sobre a cuberta.

CADERNOS DE PAUTA MONTESSORI

Cadernos de pauta ANCHA

Calquera escolino precisa adestrar paulatinamente a motricidade fina das mans para chegar a escribir correctamente cunha caligrafía xeitosa.
Chirlo Merlo tén en conta o debuxo espontáneo dos/as nenos/as, realiza un traballo máis sistematizado co Caderno de Grafomotricidade e as fichas de escritura e ofrece finalmente cadernos pautados, baseados tamén na pauta Montessori.
Os primeiros cadernos posúen pautas anchas. Son útiles para o adestramento da escritura e do grafismo en alumnado que está finalizando a Educación Infantil, que estuda no primeiro ciclo de Educación Primaria ou que precisa apoio: a pauta Montessori ancha proporciona referencias claras para a letra manuscrita e, ao posibilitar escribir con trazos máis grandes do habitual, facilita o camiño na maduración da motricidade fina.
 
Cadernos de pauta ESTREITA
Para escolin@s xa avanzados no proceso de dominio da letra manuscrita, suxerimos o uso do caderno con pauta Montessori estreita.
 
Para descargar calquera dos dous cadernos, clica sobre a cuberta.

Ah! E calquera deles pode ser utilizado con calquera método de lectoescritura...!
 
 Alguén dá máis?
Caderno de Números 1
CADERNOS DE NÚMEROS
 
Normalmente, cando falamos de "aprender a ler" referímonos á lectura de textos, de frases, de palabras... Mais o conto é que na realidade existen outros símbolos gráficos, como os sinais de tráfico, os anagramas, os logotipos, os pictogramas ou simplemente os números.
Caderno de números 2
No ensino escolar os números quedan englobados na materia de matemáticas e en xeral non se lle dá un tratamento específico áaprendizaxe do trazado das cifras nin se busca unha motivación especial para afianzar o concepto.
Partindo da base de que os números son tamén símbolos para ler e escribir, Chirlo Merlo elaborou dous cadernos para a introdución ao concepto e ao trazado dos números, baseándose na motivación dos contos do libro de lectura.
Para descargar calquera dos dous cadernos, clica sobre a cuberta.




CADERNO DE CARANTOÑAS
 
É sabido que Chirlo Merlo busca motivar fortemente ás nenas e aos nenos no proceso de adquirir a lectura e a escritura. Para iso basea a aprendizaxe de cada letra na narración dun conto, do cal se extraen frases significativas que permitan aos/ás escolin@s despois efectuar a lectura dese mesmo conto impreso.

Mais é igualmente sabido que nestas etapas temperás hai que buscar unha maduración d@ nen@ que abarque máis aspectos do conxunto do seu ser, como a maduración psicomotriz e emocional. Así, por exemplo, os contos son aproveitados tamén para tratar os pequenos conflitos entre os personaxes e as formas de solucionar os problemas de convivencia. E para unha vivenciación dos mesmos, nada mellor que representalos como se fosen unha pequena obra de teatro na que o alumnado asuma o papel dos seus personaxes.

Para facilitar esa dramatización nos seus comezos, ofrecemos un cartafol de carautas dos personaxes que presentan as primeiras letras. Están pensadas para ser coloreadas polo alumnado na aula, recortadas, engadirlles unha goma e... A divertirse!

Para baixalas, non tés máis que picar sobre a cuberta do caderniño, ou aquí.

CARTEIS PARA O LIBRO DE CONTOS 1
 
Para a parte alfabética, Chirlo Merlo ofrece -como mínimo- un cartel por cada unidade,  presentado en branco e negro (pode ser utilizado para un traballo de coloreado pol@s alumn@s).

O cartel está elaborado sobre os textos dos propios contos. Contén as frases-clave de cada unidade e serviranos para ter unha referencia permanentemente visible na aula das frases-clave que estudamos, así como crear un ambiente na aula que axude á vivenciación dos contos.

 Como están pensados para estar expostos na aula, o tamaño orixinal ao que foron impresos foi aproximadamente de 45 x 32 cm. Tal e como se presentan aquí, aconsellamos imprimir cada páxina individualmente -segundo vaia facendo falta- e ampliala despois a tamaño A3.

Para descargar os que corresponden ao Libro de Contos 1, clica sobre a cuberta:
CARTEIS PARA O LIBRO DE CONTOS 2
 
Para a parte alfabética, Chirlo Merlo ofrece -como mínimo- un cartel por cada unidade,  presentado en branco e negro (pode ser utilizado para un traballo de coloreado pol@s alumn@s).

O cartel está elaborado sobre os textos dos propios contos. Contén as frases-clave de cada unidade e serviranos para ter unha referencia permanentemente visible na aula das frases-clave que estudamos, así como crear un ambiente na aula que axude á vivenciación dos contos.

Como están pensados para estar expostos na aula, o tamaño orixinal ao que foron impresos foi aproximadamente de 45 x 32 cm. Tal e como se presentan aquí, aconsellamos imprimir cada páxina individualmente -segundo vaia facendo falta- e ampliala despois a tamaño A3.

Para descargar os que corresponden ao Libro de Contos 2, clica sobre a cuberta:

CARTEIS PARA O LIBRO DE CONTOS 3

Para a parte alfabética, Chirlo Merlo ofrece -como mínimo- un cartel por cada unidade,  presentado en branco e negro (pode ser utilizado para un traballo de coloreado pol@s alumn@s).

O cartel está elaborado sobre os textos dos propios contos. Contén as frases-clave de cada unidade e serviranos para ter unha referencia permanentemente visible na aula das frases-clave que estudamos, así como crear un ambiente na aula que axude á vivenciación dos contos.

Como están pensados para estar expostos na aula, o tamaño orixinal ao que foron impresos foi aproximadamente de 45 x 32 cm. Tal e como se presentan aquí, aconsellamos imprimir cada páxina individualmente -segundo vaia facendo falta- e ampliala despois a tamaño A3.

Para descargar os que corresponden ao Libro de Contos 3 , clica sobre a cuberta:

Ningún comentario: