20 decembro 2021

Bo Nadal 2021!

Pica na imaxe para vela ampliada

 Para a nosa nadaliña deste ano, confesamos que o Apalpador escribiu tamén outras coplas posibles. E aínda que nos decidimos finalmente escribir esta na felicitación, non nos resistimos a escribir as outras aquí:

Á xente da montaña
hoxe quérenlle trocar
castañas por "viraventos" 
e o sustento derramar.
 
Algún monte con "muíño"
podería non ser nada,
encher deles as montañas
é unha barrabasada.

Boas festas!


30 novembro 2021

Raña que te raña... na mellor castaña!

Marica e Manoliño atoparon unha castaña xigante e tíñana agachada ao pé do castiñeiro, cuberta de follas. Queríanlla amosar aos seus amigos para despois plantala e coidar do castiñeiro que dela nacería. Facíalles ilusión ter un castiñeiro de todos, poñerlle un nome e telo para toda a vida coma un verdadeiro amigo.
Pero antes de que poidesen facer nada, adiantóuselles o ratiño...

Compositor: Fernando Fernández Picos

08 outubro 2021

Vaia esvarón, o do burro Trotón!

A outra noite de lúa chea o burro Trotón espertou coa moita claridade e ergueuse para adestrar, pensando que era de día. Marica e Manoliño sentiron abaloucar nas portas e tamén se ergueron para ver o que pasaba. Tamén o moucho, que estaba a facer a súa voada nocturna, atopou ao burro Trotón adestrando a toda mecha...

Compositor: Fernando Fernández Picos

02 outubro 2021

Chir, chir, Chirlo Merlo

Marica, Manoliño e o burro Trotón andan moi interesados en coñecer a vida do Chirlo Merlo. Sempre andan vixiando por onde se move para poder observalo. Tamén lle preguntan á xente maior sobre a vida deste paxaro.
Marica e Manoliño queren mandar cartas aos seus amigos da cidade e ás/aos compañeir@s doutras escolas para contarlles o que aprenden sobre Chirlo Merlo. Xa teñen preparado un libriño cheo de debuxos...

Compositor: Fernando Fernández Picos

16 maio 2021

Nas noites de lúa chea... hai aventuras na aldea.

Durante o día, hai moita actividade en Chirlo Merlo: uns traballan, outros enredan, outros cantan... Mais cando chega a noite, o que hai é moito sono. Tod@s acaban cansos cos quefaceres do día.

Agora que, de cando en vez, algún esperta por mor dun ronquido. E cando isto pasa, algunha trasnada pode suceder. Esta noite tocoulle ao burriño trotón, que espertou cos terribles ronquidos do hipopótamo...

Compositor: Fernando Fernández Picos

15 maio 2021

Canción "Nas noites de lúa chea..."


Chirlo Merlo e a súa merla, ademais de visitar as escolas, percorren outros lugares. Cargados de cartas, e canta que te canta, voan cara aos/ás seus amig@s, que esperan emocionados as novas noticias.
Nada máis albiscalos, o burro Trotón ponse a ornear para anunciar a tod@s a chegada do carteiro e aló se vai a trote. Os/as amig@s non queren quedar atrás.
Mentres, Marica, Manoliño e Lola  argallan coa axuda do hipopótamo as lerias e debuxos para as cartas que lle queren enviar aos/ás nen@s das escolas. E tan contentos están polas novidades e alegrías que portan consigo os chirlos, que tamén deciden inventar unha copla e cantárllela cando cheguen. Mais... será capaz o burro trotón de gardar o segredo?

Compositor: Fernando Fernández Picos

01 maio 2021

Canción "Chirlo Merlo vai voar"

A Chirla Merla púxose a chocar o oviño que puxo, mentres entre os dous facían plans para os seus fillos. Ás veces chocaba ela e ás veces chocaba el, porque os nosos chirlos facían todo en común: -Escoita, Chirlo Merlo -díxo un día a Merla-. Como nós somos aventureiros e sempre nos tentou ir coñecer o mar, que che parece se lle aprendemos ao noso fillo a voar sen cansar e imos todos xuntos aló? -Pois paréceme ben. Seica o merliño, acurrucadiño dentro do ovo, púxose moi contento e déronlle máis gañas de saír.

Compositor: Fernando Fernández Picos

30 abril 2021

Canción "Chir, chir, chir..."

Tan feliz está Chirlo Merlo co nacemento do merliño que, cantareiro e animoso como el é, cántalle á merla unha inspirada canción.

Compositor: Fernando Fernández Picos

27 abril 2021

Canción "Merla Merliña"


Chegada a primavera, Chirlo Merlo aparellou cunha compañeira tan leda e chiadora coma el e decidiron facer un niño para criaren os fillos que queren ter. Buscaron un sitio abrigosiño, fermoso e tranquilo que resultou ser un burato debaixo das tellas da casa de Martiño. Martiño era un rapaz amante dos paxaros co que Chirlo Merlo xa tiña grande amizade.
Cando naceu o merliño, Martiño estaba tan encantado que o celebrou compoñendo unha canción.

Compositor: Fernando Fernández Picos

16 abril 2021

Canción-conto do Chirlo Merlo carteiro

Para esta tempada, Chirlo Merlo propúxose un fantástico oficio: anda de carteiro por todas as escolas que teñan interese en facer correspondencia entre elas.
A chegada de Chirlo Merlo a unha escola é un dos máis fabulosos acontecementos que lles pode suceder aos/ás escolinos/as. Cando chega, @s nen@s amontóanse darredor para falar con el e para recoller as cartas. A clase convértese nunha emocionada e feliz algarabía...

Compositor: Fernando Fernández Picos

15 abril 2021

Canción-conto de presentación aos/ás nen@s máis pequenos


Primeira presentación de Chirlo Merlo, un paxaro moi vivo e alegre, con moitísimas amigas e amigos. Tan coñecido é que ao lugar onde vive xa lle chaman tamén Chirlo Merlo.
O que máis lle gusta a Chirlo Merlo é que haxa alegría e unha gran amizade entre todos os nenos e todas as nenas. Para iso, el e máis os habitantes de Chirlo Merlo están dispostos a que falen e se conten cousas, mesmo ensinándolles a usar o debuxo, os pictogramas e a linguaxe escrita.

Compositor: Fernando Fernández Picos

29 marzo 2021

Cadernos de pauta Montessori estreita

Publicamos nunha entrada anterior o enlace ao caderno pautado con pauta Montessori ancha, ao tempo que se explicaba a secuencia que ofrece Chirlo Merlo para adestrar a motricidade fina das mans de cara a unha escrita xeitosa.

Ofrecemos aquí o último elo neste proceso de dominio da letra manuscrita: o uso do caderno con pauta Montessori estreita. Para descargalo, pica sobre a cuberta.

20 marzo 2021

Chirlo Merlo, unha mascota para a aula

Nesta entrada, ofrecemos un pequeno caderniño que contén os recortables para a construción dunha maqueta de Chirlo Merlo.

En realidade, o que se pretende é que Chirlo Merlo se converta nunha mascota da aula, "voando" pendurada do teito. Na nosa experimentación, cumpriu un papel importante como Chirlo Merlo carteiro, levando a correspondencia escolar dunha escola a outra. A expectación creada cando chegaba o momento de baleirar da súa bolsa as cartas recibidas e ler as mensaxes que contiñan pode dar idea do seu potencial motivador.
Para a descarga, pica sobre a cuberta:


16 marzo 2021

Parte prealfabética: Guía Didáctica

Podes descargar, en formato pdf, a Guía Didáctica para traballar na aula co material correspondente á parte prealfabética de Chirlo Merlo. Só tés que clicar na cuberta:




15 marzo 2021

Parte alfabética: Guía Didáctica

Podes descargar, en formato pdf, a Guía Didáctica para traballar na aula co material correspondente á parte alfabética de Chirlo Merlo. Só tés que clicar na cuberta:



28 febreiro 2021

Xogo de carteis para o Libro de Contos 3

 Para a parte alfabética, Chirlo Merlo ofrece -como mínimo- un cartel por cada unidade,  presentado en branco e negro (pode ser utilizado para un traballo de coloreado pol@s alumn@s).

O cartel está elaborado sobre os textos dos propios contos. Contén as frases-clave de cada unidade e serviranos para ter unha referencia permanentemente visible na aula das frases-clave que estudamos, así como crear un ambiente na aula que axude á vivenciación dos contos.

Como están pensados para estar expostos na aula, o tamaño orixinal ao que foron impresos foi aproximadamente de 45 x 32 cm. Tal e como se presentan aquí, aconsellamos imprimir cada páxina individualmente -segundo vaia facendo falta- e ampliala despois a tamaño A3.

Para descargar os que corresponden ao Libro de Contos 3 , clica sobre a cuberta:


 

27 febreiro 2021

Xogo de carteis para o Libro de Contos 2

 Para a parte alfabética, Chirlo Merlo ofrece -como mínimo- un cartel por cada unidade,  presentado en branco e negro (pode ser utilizado para un traballo de coloreado pol@s alumn@s).

O cartel está elaborado sobre os textos dos propios contos. Contén as frases-clave de cada unidade e serviranos para ter unha referencia permanentemente visible na aula das frases-clave que estudamos, así como crear un ambiente na aula que axude á vivenciación dos contos.

Como están pensados para estar expostos na aula, o tamaño orixinal ao que foron impresos foi aproximadamente de 45 x 32 cm. Tal e como se presentan aquí, aconsellamos imprimir cada páxina individualmente -segundo vaia facendo falta- e ampliala despois a tamaño A3.

Para descargar os que corresponden ao Libro de Contos 2, clica sobre a cuberta:


 

26 febreiro 2021

Xogo de carteis para o Libro de Contos 1

 Para a parte alfabética, Chirlo Merlo ofrece -como mínimo- un cartel por cada unidade,  presentado en branco e negro (pode ser utilizado para un traballo de coloreado pol@s alumn@s).

O cartel está elaborado sobre os textos dos propios contos. Contén as frases-clave de cada unidade e serviranos para ter unha referencia permanentemente visible na aula das frases-clave que estudamos, así como crear un ambiente na aula que axude á vivenciación dos contos.

 Como están pensados para estar expostos na aula, o tamaño orixinal ao que foron impresos foi aproximadamente de 45 x 32 cm. Tal e como se presentan aquí, aconsellamos imprimir cada páxina individualmente -segundo vaia facendo falta- e ampliala despois a tamaño A3.

Para descargar os que corresponden ao Libro de Contos 1, clica sobre a cuberta:



23 febreiro 2021

Caderniño de carantoñas

 É sabido que Chirlo Merlo busca motivar fortemente ás nenas e aos nenos no proceso de adquirir a lectura e a escritura. Para iso basea a aprendizaxe de cada letra na narración dun conto, do cal se extraen frases significativas que permitan aos/ás escolin@s despois efectuar a lectura dese mesmo conto impreso.

Mais é igualmente sabido que nestas etapas temperás hai que buscar unha maduración d@ nen@ que abarque máis aspectos do conxunto do seu ser, como a maduración psicomotriz e emocional. Así, por exemplo, os contos son aproveitados tamén para tratar os pequenos conflitos entre os personaxes e as formas de solucionar os problemas de convivencia. E para unha vivenciación dos mesmos, nada mellor que representalos como se fosen unha pequena obra de teatro na que o alumnado asuma o papel dos seus personaxes.

Para facilitar esa dramatización nos seus comezos, ofrecemos un cartafol de carautas dos personaxes que presentan as primeiras letras. Están pensadas para ser coloreadas polo alumnado na aula, recortadas, engadirlles unha goma e... A divertirse!

Para baixalas, non tés máis que picar sobre a cuberta do caderniño, ou aquí.


20 febreiro 2021

Parte prealfabética: Caderno de Fichas 2

 Podes descargar aquí o Caderno de Fichas 2, que contén as láminas de traballo correspondentes aos libros de contos Pim, Pam e Pum, da parte prealfabética. Se precisas consultar as orientacións de traballo, accede á Guía Didáctica.

Para poder descargalo, pica na portada:


 

19 febreiro 2021

Parte alfabética: Caderno de Fichas 3

Podes descargar aquí o Caderno de Fichas 3, que contén as láminas de traballo correspondentes ao Libro de Contos 3 da parte alfabética. Se precisas consultar as orientacións de traballo, accede á Guía Didáctica.

Para realizar a descarga, clica na imaxe:

 

17 febreiro 2021

Caderno Números 2

Os números son tamén símbolos gráficos para ler e escribir, igual que as letras.
En Chirlo Merlo contamos con dous cadernos para introducir o concepto dos números e realizar o seu trazado, baseándose na motivación dos contos do libro de lectura.
Aquí ofrecemos o caderno Números 2.
Pica na cuberta para descargalo:



14 febreiro 2021

Parte alfabética: Caderno de Fichas 2

Podes descargar aquí o Caderno de Fichas 2, que contén as láminas de traballo correspondentes ao Libro de Contos 2 da parte alfabética. Se precisas consultar as orientacións de traballo, accede á Guía Didáctica.

Para realizar a descarga, clica na imaxe:


 

09 febreiro 2021

Canción de despedida

 Canción para convivir unha despedida de todas as amigas e os amigos que participaron connosco nas nosas aventuras polo mundo de Chirlo Merlo.

Non é un adeus, senón un até loguiño, porque as grandes amizades non teñen fin. Así que, lembrade: todos seguimos invitados a acompañármonos mutuamente e alegrarnos nesta nosa mutua compañía.

Compositor: Fernando Fernández Picos

08 febreiro 2021

Libro de contos Pum

Descarga aquí, en formato pdf, o terceiro e último libro de contos para traballar en Educación Infantil a lectura con pictogramas e a aproximación á lectura alfabética. Podes consultar as indicacións de traballo co alumnado na Guía Didáctica de Educación Infantil.

Para efectuar a descarga, só tes que clicar na cuberta:

07 febreiro 2021

Libro de contos Tres

 Visualiza aquí o terceiro libro de contos para traballar en Educación Infantil a lectura da imaxe e a aproximación á lectura de signos gráficos. Podes consultar as indicacións de traballo co alumnado na Guía Didáctica de Educación Infantil. Para poder descargalo, só tés que clicar na cuberta:


06 febreiro 2021

Libro de contos 3

Podes descargar aquí o Libro de contos 3. Se precisas consultar as orientacións de traballo, accede á Guía Didáctica.

Pica encima da cuberta:

05 febreiro 2021

Libro de contos Tras

Visualiza aquí o segundo libro de contos para traballar en Educación Infantil a lectura da imaxe e a aproximación á lectura de signos gráficos. Podes consultar as indicacións de traballo co alumnado na Guía Didáctica de Educación Infantil. Para poder descargalo, só tés que clicar na cuberta:


04 febreiro 2021

Libro de contos 2

Podes descargar aquí o Libro de contos 2. Se precisas consultar as orientacións de traballo, accede á Guía Didáctica.

Pica encima da cuberta:


01 febreiro 2021

Canción-conto da letra "c" e o dígrafo "qu"

 A Ceci e o Zuzo tiñan unhas aves moi especiais. O galo Quirico é moi estirado e parece que sabe de todo. A súa parella, a galiña Cacatuxa é unha remangada.
Un día compraron na feira un galo moi pouco espilido ao que chamaron Quequefago e unha moi feble galiña á que chamaron Cocoliña.
A Cila e o Zalo seguían coas súas trasnadas e bromeaban continuamente coas galiñas e cos galos. A Ceci fartouse de tanta broma coas pitas e mandou a galos e galiñas vivir á casa vella...
Tal era o barullo que había naquela casa, que na aldea de Chirlo Merlo coñecíana xa como...

Compositor: Fernando Fernández Picos

29 xaneiro 2021

Canción-conto da letra "g": o Gugoliño e os seus amigos

 Os nenos e nenas de Chirlo Merlo pasábano moi ben na súa aldea. Por nada do mundo quererían vivir noutro lugar. Sen embargo un día, na escola, decidiron que tiñan que coñecer outros lugares diferentes: as vilas mariñeiras, as cidades...

Aquel verán, nada máis comezar as vacacións, colleron as tendas de campaña e foron pasar uns días a unha vila da costa. Claro que... non sabían nada de pesca, nin dos animais e plantas do mar, nin de lanchas...
E, nada máis chegar, fixéronse moi amigos dun neno daquela vila: o Gugoliño...

Compositor: Fernando Fernández Picos

27 xaneiro 2021

Parte prealfabética - Caderno de Fichas 1

Podes descargar aquí o Caderno de Fichas 1, que contén as láminas de traballo correspondentes aos libros de contos Tris, Tras e Tres da parte prealfabética. Se precisas consultar as orientacións de traballo, accede á Guía Didáctica.

Para poder descargalo, pica na portada:


25 xaneiro 2021

Chirlo Merlo: libro de contos Pam

Podes descargar aquí, en formato pdf, o segundo libro de contos para traballar en Educación Infantil a lectura con pictogramas e a aproximación á lectura alfabética. Podes consultar as indicacións de traballo co alumnado na Guía Didáctica de Educación Infantil.

Para efectuar a descarga, só tes que clicar na cuberta:

23 xaneiro 2021

Canción-conto das letras "c" e "z": a familia Zapeta

A nai Ceci e o pai Zuzo andan decote xeniudos cos seus fillos Cila e Zalo, porque só pensan en facerlles bribonadas a seus pais. Encántalles poñelos alporizados para despois facelos rir. Agora ben, as bromas ás veces son un pouco pesadas e os pais enfádanse máis da conta.
O que máis chispa lle ten á Cila e ao Zalo é agocharlles as cousas a seus pais...

Compositor: Fernando Fernández Picos

22 xaneiro 2021

Canción-conto da letra "f": o Fufiño e a súa familia

 Na aldea de Chirlo Merlo, perto da casa da Sabeliña, vive a familia Fufú: o pai Fufo, a nai Fufa e o fillo, o Fufiño.

O Fufiño é un furafollas. Pasa o día facéndolle aduanadas ao ratiño por entre o millo. Agóchase entre as canas e o ratiño non o endelga.
O ratiño, así, anda sempre escurruxido, mirando o xeito de darllas ao Fufiño. Xa aprendeu trampas moi chuscas...
 
Compositor: Fernando Fernández Picos
 

21 xaneiro 2021

Canción-conto do dígrafo "ll": o millo da Sabeliña


 A Sabeliña ten unha leira de millo preto da súa casa. Nesta leira dáse moi ben o millo, e á Sabeliña encántalle escoitar o asubío que fan as follas do millo ao abanear co vento.
Pero estes días a Sabeliña anda algo inqueda porque sente ruxir algo entre o millo. Por moito que mira e mira, non sabe que causa ese ruxir... E o peor é que cada día desaparece unha mazaroca...

Quen é o pillabán que llo rouba?

Compositor: Fernando Fernández Picos

20 xaneiro 2021

Canción-conto da letra "h": a Hipa dálle o hipo

 O Chucho segue coas súas falcatruadas e a de hoxe foi moi gorda. Mentres a Chola e a Chipa lle estaban dando de comer ás pitas, achegouse silandeiro e colgouse do cesto da Chipa. Queríalle meter un susto e... meteullo ben gordo porque coa forza que fixo tiroulle o cesto ao chan. Á Chipa colleuna tan de súpeto que non podía falar. Quedou mudiña de todo con aquela impresión tan forte, e só podía dicir:

-Hip, hip, hip!

Quedará muda para sempre? Haberá que lle cambiar o nome?

Compositor: Fernando Fernández Picos.

19 xaneiro 2021

Canción-conto da letra "ñ": a Sabeliña e o lobo Ñañudo

A Sabeliña fai moi boas migas con todos os animais do bosque. Un amigo moi especial é o lobo Ñañudo.

O lobo Ñañudo é o máis velliño de todos os habitantes do bosque. Todos o respectan e é o animal máis sabio da aldea. O problema é que de tan velliño xa lle caeu toda a dentamia. Pásao fatal para se manter porque só pode imbar cousas brandiñas.

Os seus amigos do bosque non atopan cousas amolecidas para lle levar de comer. Quen se ocupa diso é a Sabeliña, que lle leva algo todos os días.

E... por que lle chamarán Ñañudo?

Compositor: Fernando Fernández Picos.

18 xaneiro 2021

Canción-conto do dígrafo "ch": a Chola, a Chipa e o Chucho

 Na casa da Chola e da Chipa teñen moitas galiñas. Tamén teñen un cadeliño chamado Chucho, que non pode parar de facer algunha estrucia. A de hoxe foi fresca: mentres elas lles botaban os grans ás pitas, o Chucho subiu ao tellado cun caldeiro de auga e zoupóullela mentres dicía:
-Chove, chove!
A Chola púxose a rifarlle ao Chucho, pero...

Compositor: Fernando Fernández Picos

17 xaneiro 2021

Canción-conto da letra "x": o Xulio, A Uxía e o Mixo

Xulio é o curmán de Manoliño. É moi traballador. Pola semana pasa o tempo facento xerras e xarróns de barro no taller que ten na casa e o venres vainos vender á feira da vila. Aquela semana había moitas festas nas aldeas da contorna e Xulio foille pedir prestado o burro a Manoliño para poder levar máis mercancía xunta. Manoliño deixar deixoullo, mais o que non estaba de acordo era o burro...

Compositor: Fernando Fernández Picos.