![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgo2pP3O57CuE_Ulg_NJob_ezp2hiHpDgiYMTiuGaFtXNPwH8KUFWv0Egp7aXEFl_8zEVea9F_INjYejpUakrFrGf7UTDlY-jx84RJkykpTb6gPpOfxr8IOHyTbpzrIekPbehFU8vUQXdkk/s400/Portada+Na+Escola+93.jpg)
A primeira aparición dos materiais impresos de Chirlo Merlo no ano 1991 mereceu unha referencia de varias páxinas no número 93 do suplemento educativo Na Escola. A elaboración deste suplemento era realizada por membros de Nova Escola Galega para o xornal La Región, e ese número pretendía ofrecer en tres páxinas unha reseña o máis completa posible da metodoloxía e dos materiais de Chirlo Merlo.
En maio do ano 2011 cumpriranse vinte anos deste acontecemento: que diferencia na maquetación e composición das páxinas con respecto ao que hoxe vemos!
Se sintes curiosidade ou nostalxia, podes visualizar este número 93, que saíu á rúa o 30 de maio de 1991, picando aquí.