Dedicatoria:

Dedicado aos nenos e nenas do Colexio Público de Ponte Carreira (Frades) e aos da Escola do Vedral-Abellá, inspiradores e primeiros experimentadores de Chirlo Merlo. E a cantos nenos e nenas colaboredes con ilusión a dar nova vida a estas historias.

Busca neste blog:

19 xaneiro 2010

Canción-conto do avó de Marica e Manoliño

 

Canción-conto de presentación da letra "e": o avó de Marica e Manoliño estaba un pouco xordo e non podía ouvir ben... pero algo sentía de todo o balbordo que se estaba producindo perto da casa co choque do burro trotón, os chíos do moucho, os choros do ratiño... El quería que alguén lle explicase o que estaba a suceder, e dicía...

[Podes ver a ilustración deste conto no Libro de Contos 1
e ler a motivación do conto na Guía Didáctica]
 
 
 

06 xaneiro 2010

Un agasallo de Reis

Día seis,
Día de Reis.

Uf! Canto traballo tiven este ano como carteiro! Cantos nenos e cantas nenas hai no mundo! E todos enviando cartas de petición de agasallos por estas datas! Uf!
E para as profesoras e profesores, que? Alguén se lembra deles un pouquiño?
Eu si, e por esta razón preparei para eles este agasallo: un conxunto de láminas con sílabas debuxadas, para que poidesen xogar cos nenos e nenas a recortalas e a compoñer palabras e pequenas frases.  Se che pica a curiosidade ou queres imprimir as láminas, pica aquí ou na cuberta que aparece abaixo.
E se xa baixaches as láminas ou xa as imprimiches, tócache agardar ao próximo día de Reis, na espera dun novo agasallo.
E el que poderá ser?


 

Chirlo Merlo: libro de contos Tris

Invitámoste a visualizar o primeiro libro de contos para traballar en Educación Infantil a lectura da imaxe e a aproximación á lectura de signos gráficos. Podes consultar as indicacións de traballo co alumnado na Guía Didáctica de Educación Infantil. Para poder descargalo, só tés que clicar na cuberta: