26 maio 2022


FOLLETOS DE PRESENTACIÓN

Para efectuar a descarga do folleto que che interese, clica sobre a portada:
FASE PREALFABÉTICA
FASE ALFABÉTICA

A Becerriña Perdida

A becerriña de Marica e Manoliño leva trazas de querer andar o mundo, coma o burro Trotón. Aínda é moi noviña, mais intencións non lle faltan.
Xa aos poucos días de nacer fixo intentos de saír ela soa polo monte. Os seus pais avisárona de que se marchaba de exploración non podería mamar no teto da nai...

Compositor: Fernando Fernández Picos

11 febreiro 2022

Lúa, linda lúa...

 

Marica, Manoliño e o burro Trotón están prendados da lúa. Toda a súa teima é chegar a ela. Desta vez, ao ver a lúa chea tan espléndida e fermosa non puideron resistir a tentación, por máis que xa sabían que llelo impedirían.
Pensaron Marica e Manoliño que desde o cimo dun alto piñeiro poderían chegar ata a lúa. O burro trotón foi o primeiro en decidirse, mais... ¿darían feito?

Compositor: Fernando Fernández Picos