Podes descargar aquí, en formato pdf, o primeiro libro de contos para traballar en Educación Infantil a lectura con pictogramas e a aproximación á lectura alfabética. Podes consultar as indicacións de traballo co alumnado na Guía Didáctica de Educación Infantil. Para facelo, só tes que clicar na cuberta:
29 decembro 2009
20 decembro 2009
Música: canción-conto do Mouchiño
Canción-conto na que se narra a historia de presentación da letra "u": na árbore na que foi bater o burro Trotón hai un niño de moucho onde vive unha familia. O mouchiño estaba descansando, cando sentíu un trompazo na árbore...
Escóitao aquí:
[Podes ver a ilustración deste conto no Libro de Contos 1 e ler a motivación do conto na Guía Didáctica]
Etiquetas:
Músicas,
Parte alfabética,
Recursos
14 decembro 2009
Celebra o Nadal co noso Pandigueiro
As diferentes culturas adoitan ter un home sabio pola idade que lles axuda aos nenos a pasar o inverno. A cultura galega ten o Pandigueiro ou Apalpador, que durante os anos de esquecemento sobreviviu nos montes do Courel e o Cebreiro e agora volve facer compañía aos nenos e ás nenas na noite de Nadal.
O xornal electrónico Vieiros ponnos ao día sobre este personaxe tradicional na súa sección Vieiros na Escola.
Claro, que este noso Apalpador ten web propia, onde poderás facerte amigo do club dos "apañacastañas".
Por certo, hai agora case un ano, o Apalpador paseaba polas rúas de Compostela:
O xornal electrónico Vieiros ponnos ao día sobre este personaxe tradicional na súa sección Vieiros na Escola.
Claro, que este noso Apalpador ten web propia, onde poderás facerte amigo do club dos "apañacastañas".
Por certo, hai agora case un ano, o Apalpador paseaba polas rúas de Compostela:
Etiquetas:
Cultura popular para a infancia
11 decembro 2009
Música: canción-conto do susto de Marica e Manoliño
Esta é a canción-conto do susto de Marica e Manoliño, que actúa como motivación musical para a presentación da letra "o". Marica e Manoliño saen á ventá cando oen o topetazo do burro Trotón contra o castiñeiro:
[Podes ver a ilustración deste conto no Libro de Contos 1 e ler a motivación do conto na Guía Didáctica]
Etiquetas:
Músicas,
Parte alfabética,
Recursos
09 decembro 2009
Parte prealfabética: Guía Didáctica
Podes descargar, en formato pdf, a Guía Didáctica para traballar na aula co material correspondente á parte prealfabética de Chirlo Merlo. Só tés que clicar na cuberta:
Etiquetas:
Guías didácticas,
Parte prealfabética,
Recursos
07 decembro 2009
Como aproveitar caixas de mistos
Os libros de fichas de Chirlo Merlo proporcionan letras troqueladas para o traballo na aula. Este material pode ser utilizado de múltiples formas.
05 decembro 2009
Música: canción-conto do burro Trotón
Queremos que escoitedes a canción-conto do burro Trotón, que é a que acompaña o conto que motiva aos nenos na aprendizaxe da letra "a". Sabedes que o burro Trotón é o personaxe dun famoso poema de Manuel María. O que máis lle gusta é correr. Teima en ser o que máis corre, e entrena para ser máis rápido que o vento.
Etiquetas:
Músicas,
Parte alfabética,
Recursos
02 decembro 2009
Que gusto dá ter fans!

Etiquetas:
Curiosidades sobre Chirlo Merlo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)