Recursos
extra


Nesta páxina ofrecemos algúns recursos complementarios tanto o traballo en lectura e escritura como para potenciar a motivación.

PÁXINA EN CONSTRUCIÓN          PÁXINA EN CONSTRUCIÓN          PÁXINA EN CONSTRUCIÓN          PÁXINA EN CONSTRUCIÓN

Chirlo Merlo, unha mascota para a aula

Poñemos á vosa disposición caderniño que contén os recortables para a construción dunha maqueta de Chirlo Merlo. En realidade, o que se pretende é que Chirlo Merlo se converta nunha mascota da aula, "voando" pendurada do teito. Na nosa experimentación, cumpriu un papel importante como Chirlo Merlo carteiro, levando a correspondencia escolar dunha escola a outra. A expectación creada cando chegaba o momento de baleirar da súa bolsa as cartas recibidas e ler as mensaxes que contiñan pode dar idea do seu potencial motivador. Para a descarga, pica sobre a cuberta.

Caderno de sílabas directas en letra manuscrita, para recortar e xogar a compoñer palabras

Ofrecemos un caderno de láminas con sílabas debuxadas en letra manuscrita, para que os nenos e nenas poidan xogar a recortalas e a compoñer palabras e pequenas frases. Se che pica a curiosidade ou queres imprimir as láminas, pica aquí ou sobre a cuberta.
Caderno de sílabas directas en letra de imprenta, para recortar e xogar a compoñer palabras

Ofrecemos un caderno de láminas con sílabas debuxadas en letra de imprenta, para que os nenos e nenas poidan xogar a recortalas e a compoñer palabras e pequenas frases. Se che pica a curiosidade ou queres imprimir as láminas, pica aquí ou sobre a cuberta.



Ningún comentario: