A becerriña de Marica e Manoliño leva trazas de querer andar o mundo, coma o burro Trotón. Aínda é moi noviña, mais intencións non lle faltan. Xa aos poucos días de nacer fixo intentos de saír ela soa polo monte. Os seus pais avisárona de que se marchaba de exploración non podería mamar no teto da nai...
Dedicado aos nenos e nenas do Colexio Público de Ponte Carreira (Frades) e aos da Escola do Vedral-Abellá, inspiradores e primeiros experimentadores de Chirlo Merlo.E a cantos nenos e nenas colaboredes con ilusión a dar nova vida a estas historias.
Alicia López Pardo Miguel Rodríguez Carnota Xoán Manuel Andrade Vidal
Asesores:
Andrés Suárez Yáñez,que foi profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela, estudoso da didáctica da lingua e da lectura. As súas investigacións publicadas sobre lectoescritura pódense consultar en Dialnet.
Josua Mijares Cibrián,que foi profesora de Educación Especial no País Valenciá, titulada en Pedagoxía Terapéutica, especialista en Musicoterapia, Psicomotricista.
Aos dous, o noso profundo e afectuoso agradecemento.
Colaboradores:
Música:Fernando Fernández Picos. Mestre e músico.
Cor:Lola Ferreiro Díaz. Profesora de Ensino Secundario.
Recoñecemento:
Queremos expresar o noso especial recoñecemento a Uxío Novoneyra,que se interesou con moito cariño polos traballos iniciais deste método e impulsou con grande compromiso os primeiros pasos cara á súa publicación.