23 febreiro 2021

Caderniño de carantoñas

 É sabido que Chirlo Merlo busca motivar fortemente ás nenas e aos nenos no proceso de adquirir a lectura e a escritura. Para iso basea a aprendizaxe de cada letra na narración dun conto, do cal se extraen frases significativas que permitan aos/ás escolin@s despois efectuar a lectura dese mesmo conto impreso.

Mais é igualmente sabido que nestas etapas temperás hai que buscar unha maduración d@ nen@ que abarque máis aspectos do conxunto do seu ser, como a maduración psicomotriz e emocional. Así, por exemplo, os contos son aproveitados tamén para tratar os pequenos conflitos entre os personaxes e as formas de solucionar os problemas de convivencia. E para unha vivenciación dos mesmos, nada mellor que representalos como se fosen unha pequena obra de teatro na que o alumnado asuma o papel dos seus personaxes.

Para facilitar esa dramatización nos seus comezos, ofrecemos un cartafol de carautas dos personaxes que presentan as primeiras letras. Están pensadas para ser coloreadas polo alumnado na aula, recortadas, engadirlles unha goma e... A divertirse!

Para baixalas, non tés máis que picar sobre a cuberta do caderniño, ou aquí.


Ningún comentario: