MÚSICAS
(Contos 1)


Nesta páxina atoparás os audiocontos correspondentes ás historias que se narran no Libro de Contos 1 para a presentación das primeiras letras. Podes ver as ilustracións de cada historia nese libro, e ler a motivación para traballar con ela na Guía Didáctica.

Todas as cancións foron compostas polo músico Fernando Fernández Picos.

CANCIÓN-CONTO
PRESENTACIÓN DE CHIRLO MERLO



Podes escoitar aquí o tema musical que presenta a Chirlo Merlo ao comezo do Libro de Contos 1, na antesala da aprendizaxe significativa das primeiras letras:

CANCIÓN-CONTO
O BURRO TROTÓN

 
Queremos que escoitedes a canción-conto do burro Trotón, que é a que acompaña o conto que motiva aos nenos na aprendizaxe da letra "a". Sabedes que o burro Trotón é o personaxe dun famoso poema de Manuel María. O que máis lle gusta é correr. Teima en ser o que máis corre, e entrena para ser máis rápido que o vento.
CANCIÓN-CONTO
O SUSTO DE MARICA E MANOLIÑO


Esta é a canción-conto do susto de Marica e Manoliño, que actúa como motivación musical para a presentación da letra "o". Marica e Manoliño saen á ventá cando oen o topetazo do burro Trotón contra o castiñeiro:
CANCIÓN-CONTO
O MOUCHIÑO

 
Canción-conto na que se narra a historia de presentación da letra "u": na árbore na que foi bater o burro Trotón hai un niño de moucho onde vive unha familia. O mouchiño estaba descansando, cando sentíu un trompazo na árbore...  Escóitao aquí:
CANCIÓN-CONTO
O AVÓ DE MARICA E MANOLIÑO

 
Canción-conto de presentación da letra "e": o avó de Marica e Manoliño estaba un pouco xordo e non podía ouvir ben... pero algo sentía de todo o balbordo que se estaba producindo perto da casa co choque do burro trotón, os chíos do moucho, os choros do ratiño... El quería que alguén lle explicase o que estaba a suceder, e dicía...
CANCIÓN-CONTO
O RATIÑO

 
Canción-conto de presentación da letra "i": ao pé da árbore na que o moucho tiña o seu lar, moraba tamén o ratiño. O rato saíu da árbore para dar un paseo pola eira, e nese momento bateu o burro Trotón co tronco, unha pola podre esgazou e foi caer xusto riba do seu rabo...

CANCIÓN-CONTO
A BECERRIÑA


Canción-conto de presentación da letra "m": a becerriña de Marica e Manoliño xa vai un pouco medrada e quere ir ao monte para pacer coas outras vacas. Con todo, como é un pouco preguiceira, ás veces prefire mamar aínda dos tetos da súa mamá. Ao monte gústalle ir por ver máis mundo e aprender cousas novas. Mais un día pérdese...
CANCIÓN-CONTO
LOLA, LOLO E AMELIA



Lola é moi bailarina. Mentres Lola canta e baila, o seu irmán Lolo pasea montado na mula acompañado das cadeliñas Lila e Lulú. Lola e Lolo son veciños de Manoliño. Cando se perdeu a becerriña, estes veciños tamén quixeron axudar a atopala...

CANCIÓN-CONTO
A ELEFANTA PAPÚ



No circo do pallaso Pipo vive a elefanta Papú. Como a súa trompa arrastraba moito, gustáballe ir con ela erguida: xogaba cos paxaros, coas nubes,... Un día quedoulle a trompa entalada no alto...

CANCIÓN-CONTO
O ZAPATEIRO TITO

Tito é un zapateiro moi divertido porque mentres traballa fai música petando.
A súa zapatería parece unha orquestra. Sempre está chea de rapaces que o acompañan a cantar e tocar. Aquí todo vale para facer música. Calquera argallada convértese nun fabuloso instrumento...

CANCIÓN-CONTO
MANOLIÑO E O SEU TRACTOR


Manoliño, co seu tractor, tiña asustados a todos os animaliños que vivían por aqueles lugares. Cando o Manoliño pasaba... Run, run, rrruuuunnnnnnn...
todos se agochaban nos seus recunchos ou fuxían a escape.
Un día, Manoliño atopou un ratiño agochado na raíz dun castiñeiro, tremendo...
CANCIÓN-CONTO
NOMO E OS ANANOS


No bosque de Chirlo Merlo viven uns ananos moi animados. Nomo é o máis vello. É un gran músico, el é o que dirixe a banda dos ananos.
Todos os días ao amencer, fan unha marcha para espertar os habitantes do bosque...

CANCIÓN-CONTO
O XIGANTE DEDOLO



O xigante Dedolo ten un dedo máxico: o dedo furabolos da man esquerda. É un dedo enorme, ninguén ten un dedo tan grande coma el. Por ter o dedo tan grande chámanlle así: Dedolo.
CANCIÓN-CONTO
A PALLASA SUSI


Susi é unha pallasa que fai circo cos seus amigos: o oso, a osa, a raposa e o sapo. Cando lles fai este sinal:
-Sssssss...
 Todos saltan ao son do seu tambor.
Susana axúdalle a Susi. Ela tamén quere ensinarlle á súa cadeliña, a Pitusa, unhas cantas onadas para levala a facer circo...

Ningún comentario: