MÚSICAS
(Parte prealfabética)


Nesta páxina atoparás os audiocontos correspondentes ás historias que se narran nos contos da fase prealfabética. Podes ver as ilustracións de cada historia no libro correspondente (Tris, Tras, Tres, Pim, Pam, Pum) e ler a motivación para traballar con ela na Guía Didáctica.
Todas as cancións foron compostas polo músico Fernando Fernández Picos.

PÁXINA EN CONSTRUCIÓN          PÁXINA EN CONSTRUCIÓN          PÁXINA EN CONSTRUCIÓN          PÁXINA EN CONSTRUCIÓN


Canción-conto de presentación aos/ás nen@s máis pequenos

Primeira presentación de Chirlo Merlo, un paxaro moi vivo e alegre, con moitísimas amigas e amigos. Tan coñecido é que ao lugar onde vive xa lle chaman tamén Chirlo Merlo.
O que máis lle gusta a Chirlo Merlo é que haxa alegría e unha gran amizade entre todos os nenos e todas as nenas. Para iso, el e máis os habitantes de Chirlo Merlo están dispostos a que falen e se conten cousas, mesmo ensinándolles a usar o debuxo, os pictogramas e a linguaxe escrita.
Canción-conto
O CHIRLO MERLO CARTEIRO


Para esta tempada, Chirlo Merlo propúxose un fantástico oficio: anda de carteiro por todas as escolas que teñan interese en facer correspondencia entre elas.
A chegada de Chirlo Merlo a unha escola é un dos máis fabulosos acontecementos que lles pode suceder aos/ás escolinos/as. Cando chega, @s nen@s amontóanse darredor para falar con el e para recoller as cartas. A clase convértese nunha emocionada e feliz algarabía...
Canción-conto
CHIRLO MERLO POLA ALDEA... O SEU CANTO MOITO ALEGRA


Chirlo Merlo e a súa merla, ademais de visitar as escolas, percorren outros lugares. Cargados de cartas, e canta que te canta, voan cara aos/ás seus amig@s, que esperan emocionados as novas noticias.
Nada máis albiscalos, o burro Trotón ponse a ornear para anunciar a tod@s a chegada do carteiro e aló se vai a trote. Os/as amig@s non queren quedar atrás.
Mentres, Marica, Manoliño e Lola  argallan coa axuda do hipopótamo as lerias e debuxos para as cartas que lle queren enviar aos/ás nen@s das escolas. E tan contentos están polas novidades e alegrías que portan consigo os chirlos, que tamén deciden inventar unha copla e cantárllela cando cheguen. Mais... será capaz o burro trotón de gardar o segredo?
Canción-conto
NAS NOITES DE LÚA CHEA... HAI AVENTURAS NA ALDEA


Durante o día, hai moita actividade en Chirlo Merlo: uns traballan, outros enredan, outros cantan... Mais cando chega a noite, o que hai é moito sono. Tod@s acaban cansos cos quefaceres do día.
Agora que, de cando en vez, algún esperta por mor dun ronquido. E cando isto pasa, algunha trasnada pode suceder. Esta noite tocoulle ao burriño trotón, que espertou cos terribles ronquidos do hipopótamo...
Canción-conto
CHIR, CHIR, CHIRLO MERLO

Marica, Manoliño e o burro Trotón andan moi interesados en coñecer a vida do Chirlo Merlo. Sempre andan vixiando por onde se move para poder observalo. Tamén lle preguntan á xente maior sobre a vida deste paxaro.
Marica e Manoliño queren mandar cartas aos seus amigos da cidade e ás/aos compañeir@s doutras escolas para contarlles o que aprenden sobre Chirlo Merlo. Xa teñen preparado un libriño cheo de debuxos...
Canción-conto
VAIA ESVARÓN... O DO BURRO TROTÓN!

A outra noite de lúa chea o burro Trotón espertou coa moita claridade e ergueuse para adestrar, pensando que era de día. Marica e Manoliño sentiron abaloucar nas portas e tamén se ergueron para ver o que pasaba. Tamén o moucho, que estaba a facer a súa voada nocturna, atopou ao burro Trotón adestrando a toda mecha...
Canción-conto
RAÑA QUE TE RAÑA... NA MELLOR CASTAÑA!

Marica e Manoliño atoparon unha castaña xigante e tíñana agachada ao pé do castiñeiro, cuberta de follas. Queríanlla amosar aos seus amigos para despois plantala e coidar do castiñeiro que dela nacería. Facíalles ilusión ter un castiñeiro de todos, poñerlle un nome e telo para toda a vida coma un verdadeiro amigo.
Mais parece que se lles adiantou o ratiño...
Canción-conto
LÚA, LINDA LÚA

Marica, Manoliño e o burro Trotón están prendados da lúa. Toda a súa teima é chegar a ela. Desta vez, ao ver a lúa chea tan espléndida e fermosa non puideron resistir a tentación, por máis que xa sabían que llelo impedirían.
Canción-conto
A BECERRIÑA PERDIDA

A becerriña de Marica e Manoliño leva trazas de querer andar o mundo, coma o burro Trotón. Aínda é moi noviña, mais intencións non lle faltan.
Xa aos poucos días de nacer fixo intentos de saír ela soa polo monte. Os seus pais avisárona de que se marchaba de exploración non podería mamar no teto da nai...




Ningún comentario: