MÚSICAS
(Contos 3)


Nesta páxina atoparás as músicas que corresponden ás historias que se narran no Libro de Contos 3. Neste libro podes ver os contos ilustrados e para traballar con eles podes ler as orientacións na Guía Didáctica.
Todas as cancións foron compostas polo músico Fernando Fernández Picos.

PÁXINA EN CONSTRUCIÓN          PÁXINA EN CONSTRUCIÓN          PÁXINA EN CONSTRUCIÓN          PÁXINA EN CONSTRUCIÓN

Canción de Martiño
Merla, merliña
Chegada a primavera, Chirlo Merlo aparellou cunha compañeira tan leda e chiadora coma el e decidiron facer un niño para criaren os fillos que queren ter. Buscaron un sitio abrigosiño, fermoso e tranquilo que resultou ser un burato debaixo das tellas da casa de Martiño. Martiño era un rapaz amante dos paxaros co que Chirlo Merlo xa tiña grande amizade.
Cando naceu o merliño, Martiño estaba tan encantado que o celebrou compoñendo unha canción.
Canción de Chirlo Merlo
Chir, chir, chir...
Tan feliz está Chirlo Merlo co nacemento do merliño que, cantareiro e animoso como el é, cántalle á merla unha inspirada canción.
Canción
Chirlo Merlo vai voar

A Chirla Merla púxose a chocar o oviño que puxo, mentres entre os dous facían plans para os seus fillos. Ás veces chocaba ela e ás veces chocaba el, porque os nosos chirlos facían todo en común: -Escoita, Chirlo Merlo -díxo un día a Merla-. Como nós somos aventureiros e sempre nos tentou ir coñecer o mar, que che parece se lle aprendemos ao noso fillo a voar sen cansar e imos todos xuntos aló? -Pois paréceme ben. Seica o merliño, acurrucadiño dentro do ovo, púxose moi contento e déronlle máis gañas de saír.


Canción
Submarino, submarino
Tamén aos xubilad@s de Chirlo Merlo lles gusta ir de excursión (bastante traballaron toda a súa vida!). Agora chegoulles o tempo de recrearse e ver o mundo que nunca viron.
Desta vez participan nunha visita ao Museo de Tecnoloxía e todos fican asombrados de como cambiou o mundo desde que eles teñen acordo. As máquinas inventadas son impresionantes... Que emocionantes visitas ao fondo do mar nos permite o submarino, por poñer un exemplo...


Ningún comentario: