Dedicatoria:

Dedicado aos nenos e nenas do Colexio Público de Ponte Carreira (Frades) e aos da Escola do Vedral-Abellá, inspiradores e primeiros experimentadores de Chirlo Merlo. E a cantos nenos e nenas colaboredes con ilusión a dar nova vida a estas historias.

19/06/10

Imos botar contas, antes de voar de vacacións

Imos considerar o día de hoxe como un día especial.
Hai que celebrar que o noso contador acaba de superar as 1100 visitas: perante os nosos ollos aparece ben visible o número 1102. Este contador comezou a ser operativo o 29 de novembro de 2009, polo tanto... todas esas visitas están contabilizadas en tan só 202 días! E de todas esas visitas, un 27,86% corresponde a persoas que nos len en máis dunha ocasión.
Pero iso aínda non é todo: o número total de páxinas vistas foi de 2684, o que quere dicir que cada visitante leu normalmente máis dunha entrada. As páxinas máis lidas foron: Libro de contos Pim (124 veces), Guía didáctica prealfabética (120), Caderno de Grafomotricidade (107), Libro de contos 1 (98), Libro de fichas 1 (81), Guía Didáctica alfabética (62), Músicas (42) e Libro de contos Tris (27). Que quere isto dicir? Que aínda que Chirlo Merlo proporcione tamén outro tipo de informacións e curiosidades, o que atrae o interese das lectoras e lectores son os recursos para o traballo do día a dia.
Imos engadir uns datos máis, porque os libros mencionados no parágrafo anterior están albergados en  Issuu, e poden ser lidos sen pasar por este noso blog. O número de lectores para cada un deles, segundo o servizo de estatística de Issuu, é o seguinte: Libro de contos Pim (1390), Libro de contos Tris (1325), Guía didáctica prealfabética (1107), Libro de contos 1 (1071), Caderno de grafomotricidade (939), Libro de fichas 1 (857) e Guía didáctica alfabética (633). E en canto ao caderniño de sílabas troqueladas que ofrecemos como agasallo o día de Reis, tivo 1392 lectores/as.
Uf! O esforzo foi grande, pero... a que os resultados non están mal?
Nós ímolo celebrar. E para iso,... que mellor que unhas boas vacacións?
Moitísimas grazas, até o próximo curso e felices voos!

Ningún comentario: