Dedicatoria:

Dedicado aos nenos e nenas do Colexio Público de Ponte Carreira (Frades) e aos da Escola do Vedral-Abellá, inspiradores e primeiros experimentadores de Chirlo Merlo. E a cantos nenos e nenas colaboredes con ilusión a dar nova vida a estas historias.

20/11/10

Canción-conto da letra "r": Manoliño e o seu tractor

Conto de presentación da letra "r":  Manoliño, co seu tractor, tiña asustados a todos os animaliños que vivían por aqueles lugares. Cando o Manoliño pasaba... Run, run, rrruuuunnnnnnn...
todos se agochaban nos seus recunchos ou fuxían a escape.
Un día, Manoliño atopou un ratiño agochado na raíz dun castiñeiro, tremendo...

[Podes ver a ilustración en cómic deste conto no Libro de Contos 1 e a motivación do conto na Guía Didáctica]

Ningún comentario: