16 abril 2010

Chirlo Merlo no suplemento Na Escola

A primeira aparición dos materiais impresos de Chirlo Merlo no ano 1991 mereceu unha referencia de varias páxinas no número 93 do suplemento educativo Na Escola.  A elaboración deste suplemento era realizada  por membros de Nova Escola Galega para o xornal La Región, e ese número pretendía ofrecer en tres páxinas unha reseña o máis completa posible da metodoloxía e dos materiais de Chirlo Merlo.
En maio do ano 2011 cumpriranse vinte anos deste acontecemento: que diferencia na maquetación e composición das páxinas con respecto ao que hoxe vemos!
Se sintes curiosidade ou nostalxia, podes visualizar este número 93, que saíu á rúa o 30 de maio de 1991, picando aquí.

15 abril 2010

Canción-conto da letra "l": Lola, Lolo e Amelia

 
 
Lola é moi bailarina. Mentres Lola canta e baila, o seu irmán Lolo pasea montado na mula acompañado das cadeliñas Lila e Lulú. Lola e Lolo son veciños de Manoliño. Cando se perdeu a becerriña, estes veciños tamén quixeron axudar a atopala...


[Podes ver a ilustración en cómic deste conto no Libro de Contos 1,
e a motivación do conto na Guía Didáctica]