![]() |
| Clica na imaxe para vela ampliada |
22 decembro 2025
05 maio 2024
FOLLETOS DE PRESENTACIÓN
FASE PREALFABÉTICA | FASE ALFABÉTICA |
22 decembro 2023
23 decembro 2022
26 maio 2022
A Becerriña Perdida
Xa aos poucos días de nacer fixo intentos de saír ela soa polo monte. Os seus pais avisárona de que se marchaba de exploración non podería mamar no teto da nai...
11 febreiro 2022
Lúa, linda lúa...
Marica, Manoliño e o burro Trotón están prendados da lúa. Toda a súa teima é chegar a ela. Desta vez, ao ver a lúa chea tan espléndida e fermosa non puideron resistir a tentación, por máis que xa sabían que llelo impedirían.
Pensaron Marica e Manoliño que desde o cimo dun alto piñeiro poderían chegar ata a lúa. O burro trotón foi o primeiro en decidirse, mais... ¿darían feito?
20 decembro 2021
Bo Nadal 2021!
| Pica na imaxe para vela ampliada |
Para a nosa nadaliña deste ano, confesamos que o Apalpador escribiu tamén outras coplas posibles. E aínda que nos decidimos finalmente escribir esta na felicitación, non nos resistimos a escribir as outras aquí:
hoxe quérenlle trocar
castañas por "viraventos"
e o sustento derramar.
30 novembro 2021
Raña que te raña... na mellor castaña!
Pero antes de que poidesen facer nada, adiantóuselles o ratiño...
08 outubro 2021
Vaia esvarón, o do burro Trotón!
02 outubro 2021
Chir, chir, Chirlo Merlo
Marica e Manoliño queren mandar cartas aos seus amigos da cidade e ás/aos compañeir@s doutras escolas para contarlles o que aprenden sobre Chirlo Merlo. Xa teñen preparado un libriño cheo de debuxos...
16 maio 2021
Nas noites de lúa chea... hai aventuras na aldea.
Agora que, de cando en vez, algún esperta por mor dun ronquido. E cando isto pasa, algunha trasnada pode suceder. Esta noite tocoulle ao burriño trotón, que espertou cos terribles ronquidos do hipopótamo...
Compositor: Fernando Fernández Picos
15 maio 2021
Canción "Nas noites de lúa chea..."
Chirlo Merlo e a súa merla, ademais de visitar as escolas, percorren outros lugares. Cargados de cartas, e canta que te canta, voan cara aos/ás seus amig@s, que esperan emocionados as novas noticias.
Nada máis albiscalos, o burro Trotón ponse a ornear para anunciar a tod@s a chegada do carteiro e aló se vai a trote. Os/as amig@s non queren quedar atrás.
Mentres, Marica, Manoliño e Lola argallan coa axuda do hipopótamo as lerias e debuxos para as cartas que lle queren enviar aos/ás nen@s das escolas. E tan contentos están polas novidades e alegrías que portan consigo os chirlos, que tamén deciden inventar unha copla e cantárllela cando cheguen. Mais... será capaz o burro trotón de gardar o segredo?
01 maio 2021
Canción "Chirlo Merlo vai voar"
A Chirla Merla púxose a chocar o oviño que puxo, mentres entre os dous facían plans para os seus fillos. Ás veces chocaba ela e ás veces chocaba el, porque os nosos chirlos facían todo en común: -Escoita, Chirlo Merlo -díxo un día a Merla-. Como nós somos aventureiros e sempre nos tentou ir coñecer o mar, que che parece se lle aprendemos ao noso fillo a voar sen cansar e imos todos xuntos aló? -Pois paréceme ben. Seica o merliño, acurrucadiño dentro do ovo, púxose moi contento e déronlle máis gañas de saír.
Compositor: Fernando Fernández Picos
30 abril 2021
Canción "Chir, chir, chir..."
Tan feliz está Chirlo Merlo co nacemento do merliño que, cantareiro e animoso como el é, cántalle á merla unha inspirada canción.
Compositor: Fernando Fernández Picos
27 abril 2021
Canción "Merla Merliña"
Chegada a primavera, Chirlo Merlo aparellou cunha compañeira tan leda e
chiadora coma el e decidiron facer un niño para criaren os fillos que
queren ter. Buscaron un sitio abrigosiño, fermoso e tranquilo que
resultou ser un burato debaixo das tellas da casa de Martiño. Martiño
era un rapaz amante dos paxaros co que Chirlo Merlo xa tiña grande
amizade.
Cando naceu o merliño, Martiño estaba tan encantado que o celebrou compoñendo unha canción.
16 abril 2021
Canción-conto do Chirlo Merlo carteiro
A chegada de Chirlo Merlo a unha escola é un dos máis fabulosos acontecementos que lles pode suceder aos/ás escolinos/as. Cando chega, @s nen@s amontóanse darredor para falar con el e para recoller as cartas. A clase convértese nunha emocionada e feliz algarabía...
15 abril 2021
Canción-conto de presentación aos/ás nen@s máis pequenos
O que máis lle gusta a Chirlo Merlo é que haxa alegría e unha gran amizade entre todos os nenos e todas as nenas. Para iso, el e máis os habitantes de Chirlo Merlo están dispostos a que falen e se conten cousas, mesmo ensinándolles a usar o debuxo, os pictogramas e a linguaxe escrita.
29 marzo 2021
Cadernos de pauta Montessori estreita
Ofrecemos aquí o último elo neste proceso de dominio da letra manuscrita: o uso do caderno con pauta Montessori estreita. Para descargalo, pica sobre a cuberta.
20 marzo 2021
Chirlo Merlo, unha mascota para a aula
Nesta entrada, ofrecemos un pequeno caderniño que contén os recortables para a construción dunha maqueta de Chirlo Merlo.

















